miércoles, 19 de mayo de 2010

Un dereito de todos os alumnos/as

A orientación académica e profesional é un dereito dos alumnos/as e un proceso continuo e formativo inmerso en todo o proceso educativo. Debe permitir que o alumnado chegue ao máximo das súas posibilidades e contribuír a que exista maior concordancia entre os seus intereses, expectativas e capacidades, e as características que presenta o mundo académico e profesional e laboral, así como as condicións en que este se desenvolve.
Este proceso implica a toma de decisións por parte do alumno/a e esixe a este uns mecanismos e estratexias necesarias para iso. Tarefas como a exploración e coñecemento de si mesmo (personalidade, aptitudes, intereses, valores...) e integración (proxecto persoal, viabilidade e condicionantes ambientais), a información académico e profesional e investigación (análise e integración de datos) e a toma de decisións que conleva unha avaliación sobre o proceso seguido e a idoneidade da opción final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario